Quen Somos

BREVE HISTORIA

Ninguèn nòs podia imaxinar que esta longa viaxe que comezamos alò polo ano 98 nos ia traer tan lonxe.

Primeiro arrincamos ca creaciòn da APA San Martiño de Cances, nas escolas unitarias deste mesmo lugar e organizamos as primeiras actividades culturais e festivas, dirixidas a parroquia en xeral…. Ante a pouca costume que habia de organizar eventos de este tipo, aquilo gustou e xurdiu a necesaria idea de crear a Asocaciòn Cultural San Campio de Cances, para poder achegar e dar a coñecer à nosa parroquia activades coma as que pode haber en calquera vila ou cidade do noso entorno.

Os comenzos foron duros, porque ainda que as actividades eran a pequena escala, os recursos, os medios e axudas tamen eran pequenas e poucas e habia que estrirar os pès a medida que tiveramos de manta. De tòdolos xeitos lembramos con moita tenrura e cariño a paixòn que poñiamos naqueles primeiros festivais do Antroido, nos xogos infantis na festa de San Pedro, nas clases de guitarra no antigo “teleclub”, o Papà Noel polo Nadal e todas esas pequenas cousas cheas de maxia e xenialidade que para nòs serviron de motor de arranque ,fonte de enerxia que nos transmitiu a forza impuslsora e a confianza necesaria para seguir adiante con pasos festeiros ,pero firmes… afianzados por unha crecente resposta dos socios e simpatizantes. E asi pouco a pouco, con pequenas cousas fomos medrando e xurdiron outras actividades que nos ian demandando ou que crìamos factibeis e necesarias : Crease unha escola de musica e baile tradicional, onde se forman grupos de baile, gaiteiros, cantareiras e pandereteiras. Organizanse os primeiros cursos de de cociña, bailes de salòn, informatica e ximnasia. Fanse representaciòns teatrais, exposiciòns, proxecciòns e obradoiros de recollidas tradicionais  (música, danza, cantigas, regueifas, refráns, adiviñas ).

En febreiro do ano 2004 organizamos un merecido e recoñecido macro homenaxe aos nosos gaiteiros ” Os gaiteiros de Cances e Carmen do cura”, no Pazo da cultura de Carballo, dous anos mais tarde serian galardoados como Carballeses do ano 2006.

Tanta movida levounos a termos que organizar e crear un programa fixo anual de actividades festivo culturais :

XANEIRO : Cabalgata de Reis coa que colaboramos e participamos

FEBREIRO OU MARZO : Carnaval, Santo Antroido de Palla, Comezouse como un baile de disfraces e transformouse nun festival mùsico-teatral aberto a participacion de todos cantos asi o quieran e dispoñan      (“Cancesvisiòn”,  “Choiva de Estrelas”, ” A San Campio Vou”, “Dez anos van” , ” CanceStyle”, ” Cances o vivo” etc )

Comida do Xabarin, colaboramos ca Asociacion de Caza a Cañiza de Cances e Oza.

JULIO :Celebraciòn de Bodas de Ouro e Prata, Festa da Familia

AGOSTO :Festa do Pichorro, O que nun principio ìa ser unha comida de homenaxe aos socios, converteuse na festa gastronòmica màis emblemàtica, enxalzando un produto tan galego e noso como universal, O MILLO. Xuntamos a comer a màis de cincocentas persoas e pasaron polo esceario artistas da talla de : “Xocaloma”,   ” Andres Suarez “,  ” Paco mi vida “, ” O Tio Pio “,” Fol de veneno “, ” Raigañas “, ” Afumedecarozo “, ” Tito de Vega Valcarce “” Tuna Universitaria de La Coruña “, ” El temple Flamenco ” ” Sonseis+”,“Lito de Arzua” etc

NOVEMBRO :Live in Cances, concerto de musica de pop-rock da bisbarra

Magosto de San Martiño, Castañas asadas chocolate e biscoitos

NADAL :Visita de Papá Noel con regalos e sorpresas.

Deja un comentario